Obradoiro aberto de debuxo con modelo en vivo en Pontevedra

Sábados de 11:30 a 13:30 horas no Centro social Revira (Rúa Gonzalo Gallas 4, Pontevedra).
Prezo: a vontade (donativo suxerido: 3 EUR)
Colabora:
Centro Social Revira

Os modelos

Cristina MJ é unha modelo experimentada de debuxo e fotografía que ten traballado nos talleres e estudios de diversos artistas europeos. Actualmente tamén é modelo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en Pontevedra. Porfolio como modelo: http://www.cristinamj.com/porfolio/modelaje.

Filipe Aires visítanos dende Portugal e ten experiencia posando para grupos de debuxantes.

Entre os dous esperamos ofrecer poses interesantes e un ambiente agradable ós interesados en practicar debuxo do natural da figura humana calquera que sexa o seu nivel de destreza.

Programa da sesión

Pode modificarse segundo as circunstancias ou as preferencias dos asistentes.

(Quecemento) Poses de 2 minutos
2 poses de 2 minutos muller (nú)
2 poses de 2 minutos home (nú)
Poses de 5 minutos
2 poses de 5 minutos muller (a mesma pose espida e con roupa)
2 poses de 5 minutos home (a mesma pose espido e con roupa)
Poses de 15 minutos
1 pose de 15 minutos muller (nú)
1 pose de 15 minutos home (nú)
5 minutos de descanso
1 pose conxunta de 25 minutos en nú
5 minutos de descanso
1 pose conxunta de 25 minutos con roupa

Por favor...

Datas

Non hai ningunha sesión programada actualmente, pero poden expresar o seu interese en que a organicemos escribindo a centrosocial@revira.org.

Lugar

Centro social Revira
Rúa Gonzalo Gallas 4, Pontevedra

Ligazóns

Modelos amigos

Artistas e obradoiros amigos

Directorios

Formulario de contacto

Pode encher o seguinte formulario ou enviar a súa mensaxe a atelierphryne@gmail.com.

Se precisa dunha resposta pola nosa parte e non recibiu ningunha no prazo de tres días, escríbanos outra vez por se a mensaxe se perdera.

Contacto

Enviar

 

Desenvolvido por Cristina MJ.
Última actualización: martes 26 de novembro de 2013